AFRUGAL colabora coa Asociación Val de Aranga na impartición dun curso de poda de froiteiras

Este sábado día 22 levouse a cabo unha nova xornada de poda de froiteiras enmarcada dentro do programa "Aranga Sostible", organizado pola Asociación Val de Aranga. Neste programa, ademáis da poda de froiteiras, os asistentes reciben formación en materia de xestión forestal, horta ecolóxica e produción de froitos pequenos do bosque ou shiitake.

Nesta xornada, impartida por Francisco Otero, enxeñeiro agrónomo e experto en fruticultura, levouse a cabo a práctica de poda "en verde" da maceira e o kiwi.

Está prevista a realización de dúas xornadas máis sobre a poda de froiteiras, contradas nas labores de poda a realizar no outono e no inverno nas nosas froiteiras.

Teléfono da Asociación Val de Aranga: 606 33 27 26 (Juan).

Foto: F. Otero podando "en verde" unha maceira de sidra (patrón MM106).