O presidente de AFRUGAL impartirá dous talleres de enxerto en Abegondo

O presidente de AFRUGAL, Francisco Otero, colabora co Concello de Abegondo na impartición de dous talleres de enxerto que se celebrarán durante setembro e outubro.

A continuación, podedes atopar a información sobre estes talleres.


TALLERES DE ENXERTO DAS ÁRBORES FROITEIRAS - 2013
ORGANIZA:  Concellería de Educación e Medio Ambiente do Concello de Abegondo
ABERTO PRAZA PARA CHAMAR PARA APUNTARSE:  Luns 9 de setembro de 2013

1º TALLER DE ENXERTO:
Terá lugar os días: luns 23, martes 24 e mércores 25 de setembro de 2013
Lugar: Aula da Natureza de Abegondo (Parroquia: Crendes - Vilar nº 86)
HORARIO: 19:15 a 21:45 h

2º TALLER DE ENXERTO:
Días: luns 30 de setembro, martes 1 e mércores 2 de outubro de 2013
Lugar: Aula da Natureza de Abegondo (Parroquia: Crendes - Vilar nº 86)
HORARIO: 19:15 h a 21:45 h

NOVIDADE deste ano: CATA DE MAZÁS 
Dentro deste taller está incluído a cata de 6 variedades de mazás.
Un día da semana do 14 ó 19 de outubro 2013, que se concretará a finais de setembro.


OBSERVACIÓNS:
1º Só se pode apuntar a un dos dous talleres.
2º CUSTE: 20 euros/persoa - previa inscrición 
Primeiro chamar ó teléfono 686 35 28 66 - Mª Carmen
Segundo se lle facilitará o nº de conta para realizar ó ingreso no número de conta do Concello de Abegondo.
3º: Queda gardada a praza.


NOTA: a persoa que se apunte e logo non poida asistir, DEBE AVISAR para que esa praza poida ser ocupada por un suplente. (Se así non se fixera non se podrá apuntar a ningún taller do próximo ano)


PROGRAMA:
- Importancia do enxerto nas árbores froiteiras
- Diferentes técnicas de enxertar
- Cándo son as épocas para enxertar
- Cómo acadar froita de maior tamaño e mellor calidade

IMPARTIDO: Francisco Otero, enxeñeiro agrónomo


CONCELLO DE ABEGONDO - + información: 686 35 28 66 Mª Carmen