III Xornada Técnica de Fruticultura en Galicia (Monforte 29/11/2013)

Técnicos de AFRUGAL participarán como ponentes na III Xornada Técnica de Fruticultura en Galicia, que se celebrará en Monforte de Lemos o día 29 de novembro de 2013.

En concreto, Francisco Otero falará sobre as pragas e enfermidades das froiteiras, así como os métodos de loita integrada e a rede de avisos fitosanitarios.

Pola súa parte, J. Juan Rico realizará unha descrición sobre a constitución e o funcionamento da Agrupación de Defensa Fitosanitaria que AFRUGAL constituíu durante este ano 2013.

A asistencia a dita xornada é libre e gratuíta.