AFRUGAL colabora no "Taller de Pragas de Árbores Froiteiras" de Abegondo

O presidente de AFRUGAL, Francisco Otero, impartirá un "Taller de Pragas das Árbores Froiteiras" en Abegondo os días 1, 2 e 3 de xullo de 2014.

Lugar de impartición: Aula da Natureza de Abegondo (Crendes - Abegondo)

Horario: 18:00 a 20:30 h.

Programa:

  • Diferenciar entre praga e enfermidade das árores froiteiras.
  • Clasificación e identificación das pragas.
  • Que produtos usar para eliminalas ?
  • Cando e como se deben usar os produtos fitosanitarios ?
  • Animais e plantas que loitan e minimizan as pragas.
Organiza: Concellería de Educación e Medio Ambiente do concello de Abegondo.

Información e inscricións a partir do martes 24 de xuño no teléfono 981 64 79 96.