AFRUGAL participou na cata de mazás de Abegondo

A semana pasada, o concello de Abegondo organizou a segunda cata de mazás de mesa dirixida polo presidente de AFRUGAL, Francisco Otero.

Esta xornada está orientada á promoción das variedades autóctonas de mesa, así como das variedades internacionáis seleccionadas que mellor se adaptan ás condicións climáticas de Galiza para a súa produción tanto en agricultora ecolóxica como integrada.

Nesta ocasión realizouse a cata "cega" de seis variedades autóctonas que unha vez puntuadas polos asistentes quedaron na seguinte orde de preferencia:

  1. Sangue de Touro
  2. Xosé Antón
  3. Pero Mingán
  4. Morro de Lebre
  5. Encrobas Verde
  6. Covacha (Cavocha)
A continuación, realizouse tamén a cata "cega" de seis variedades internacionáis seleccionadas co seguinte resultado de preferencia:
  1. Story
  2. Opal
  3. Rubinette
  4. Choupette (Dalinette)
  5. Florina (Querina)
  6. Royal Gala
A xornada contou cun gran éxito en canto ó número de asistentes, entre os que se atopaban restauradores e xornalistas gastronómicos, profesionáis e afeccionados á fruticultura e público xeral. Ademáis, contouse coa colaboración de Custom Drinks (Grupo Hijos de Rivera), que aportou sidra dulce "Maeloc", elaborada con mazás producidas en Galicia, que puideron probar os asistentes á xornada.

Variedade "Sangue de Touro"

Variedade "Story"
Variedades a catar