III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (Asociación Mariñas-Betanzos)

Remítennos a seguinte información desde a Asociación Mariñas-Betanzos, por se fose de interese. Saúdos.

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estamos organizando o III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (36 horas)

Este Obradoiro está dirixido a:
  • Persoas interesadas en formas de vida saudables e respectuosas coa terra, co medio ambiente e coa agricultura ecolóxica en particular.
  • Persoas interesadas en poñer en marcha un horto ecolóxico.
Contidos:
  1. Identificación e características xerais dos cultivos; Identificación de variedades autóctonas.
  2. Recoñecemento do solo: estudo perfil dun solo, toma de mostras, determinación do pH, materia orgánica e textura.
  3. Ferramentas básicas para traballos na horta, tanto manuais como mecánicos: usos.
  4. Planificación da horta: orientación, distribución de bancais, elección de cultivos, asociacións e rotacións.
  5. Preparación de semilleiros: fundamentos, materiais e técnicas; preparación de bancais; labores a realizar nos diferentes cultivos implantados: poda de tomate e pemento, entutorado, recolección de froitos, rega, etc.
  6. Control de plantas adventicias. Acolchados: tipos, ventaxas e inconvintes; Plantas aromáticas e mediciñais: identificación, propiedades e usos.
  7. Protección de cultivos en agricultura ecolóxica. Pragas e enfermidades máis comúns, métodos e tratamentos a aplicar.
  8. Preparados de plantas insecticidas e vigorizantes: purín de ortiga, decocción de cola de cabalo, etc; Fertilización orgánica e sustentable: elaboración e posta en marcha dun composteiro.
  9. Elaboración dun calendario de sementeira e recolleita. A lúa e as constelacións e a súa influencia nos cultivos. Calendario lunar.
  10. Colleita e conservación de sementes. Creación dun banco de sementes autóctonas.
  11. A certificación en agricultura ecolóxica e visita a experiencia demostrativa. 
O Obradoiro terá unha duración de 36 horas (xuño, xullo e setembro), e dará comezo o vindeiro 16 de xuño. O 

prezo será de 60 €/mes. Si se realiza o pago conxunto total do obradoiro terá un 5% de desconto (171 €). Lembra que as prazas son limitadas

Descargar folleto informativo e inscricións: Obradoiro Agricultura Ecolóxica  
 
Para máis información:
Asociación MARIÑAS-BETANZOS (RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO)
San Marcos, s/n 15318 Abegondo
Tlfno. 981 669 541 /  Móbil. 629 070 395