TALLER DE PODA EN ABEGONDO

O Concello de Abegondo organiza os vindeiros días 6, 7 e 8 de febreiro un taller de poda de árbores froiteiras, que impartirá o presidente de Afrugal, Francisco Otero.

A parte práctica realizarase o sábado 11 ou o domingo 12, en función da climatoloxía.

Horarios: Teoría de 18:00 a 20:15 e Práctica de 11:00 a 13:15 h.
Custe: 25 €/persoa
Prazas: 25 (cubriranse por orde de inscrición).

Información e inscricións no  tel. 686 35 28 66 (de luns a venres de 9 a 14 e de 17 a 20 h.)