Xornada sobre produción de mazá de sidra

Programa da xornada "A produción de mazá. Unha oportunidade para emprender", que se celebrará os vindeiros días 14 e 16 de marzo na sede da Fundación Juana de Vega e na parcela de Iñás (Oleiros).

Esta xornada, organizada pola Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal), conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega e a Asociación de Fruticulturores de Galicia.

Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto coa Asociación Mariñas-Betanzos para ter máis información, así como para realizar a inscrición na xornada. Contacto: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal.