Radio Voz: Entrevista a Francisco Otero sobre a confusión sexual no verme da mazá.

A continuación, déixovos un enlace a un video do programa de Radio Voz, "Voces da Coruña", onde entrevistaron ó presidente de Afrugal, Francisco Otero, sobre o método de "confusión sexual" como loita contra o verme da mazá (Cydia pomonella) en Agricultura Ecolóxica.

Estase levando a cabo un ensaio con este método nunha finca de mazá de sidra en Aranga (A Coruña), e os resultados expuxéronse ó público durante as xornadas de Transferencia Teconolóxica da Oficina Agraria Comarcal de Cambre, celebradas en Abegondo os días 1 e 2 de outubro.

https://www.facebook.com/vocescoruna/videos/251823005522233/


Francisco Otero. Presidente de Afrugal e técnico da OAC de Cambre.
Consellería do Medio Rural