INFORME FITOSANITARIO 20/11/2018
Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural
Para dar por rematada a
campaña de avisos fitosanitarios, unha vez recollidas as mazás máis tardías,
como Goldrush (primeira decena de
novembro), debemos realizar un tratamento de outono.
A caída fisiolóxica das
follas produce pequenas lesións que poden ser a vía de entrada na planta de
algunhas enfermidades. Por iso, as aplicacións con produtos cúpricos son
recomendables para favorecer a súa cicatrización e impedir infeccións
producidas por fungos.
Ademáis, estes produtos
pretenden reducir as formas invernantes de fungos e bacterias que se asentan de
maneira epífita no exterior das árbores.
No caso das froiteiras de
pebida, o tratamento pode ser eficaz para atenuar os danos que na próxima
campaña pode ocasionar a bacteria causante do “fuego bacteriano”, e fungos que
producen enfermidades fúnxicas como moteado, septoria...
Por todo isto, é
recomendable utilizar compostos de cobre, realizando 1 ou 2 tratamentos durante
a caída da folla.
- Facer dúas
aplicacións con produtos cúpricos:
- Co 50% das follas caídas.
- Co 100% das follas caídas.
- Facer unha
sóa aplicación, co 75% de defoliación.
A maioría dos produtos
cúpricos autorizados sufriron unha revisión polo Ministerio de Agricultura
Pesca e Alimentación durante o 2018, variando cantidade de produtos, cultivos
autorizados, número de aplicacións, dose, volume máximo, etc. Polo tanto, antes
de facer os tratamentos convén asegurarse de todos estes aspectos.
MATERIAS ACTIVAS CÚPRICAS AUTORIZADAS EN FROITEIRAS DE
PEBIDA
MATERIA ACTIVA
|
CONCENTRACIÓNS (%) E FORMULACIÓNS
|
Hidróxido cúprico
|
20WG, 25WG, 36SC, 30WG,
35WG, 40 WG, 50WG, 50WP
|
Oxicloruro de cobre
|
25WG, 30WP, 35WG, 38SC,
52SC, 70SC, 37,5WG, 50WG, 50WP
|
Hidróxido cúprico +
Oxicloruro de cobre
|
(13,6+13,6) SC
|
Óxido cuproso
|
40 OL, 50WP, 75WG
|
Sulfato cuprocálcico
|
12,4SC, 20WG, 20WP
|
Oxicloruro de cobre +
Sulfato cuprocálcico
|
(11+10) WP
|
SC: Suspensión concentrada
WG: Granulado dispersable
WP: Pó mollable
OL: Líquido miscible