INFORME FITOSANITARIO 12/08/2019

Publicado un novo informe fitosanitario. Disponible íntegro no enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2019.html

RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

As condicións meteorolóxicas cambiantes, com presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  en todas as estacións, agás en Ribadeo, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

No caso das Mariñas de Betanzos (Estación de Guísamo), xa está comenzando a segunda xeneración do verme (>600 grados/día), e tendo superado o umbral de tolerancia, é necesario aplicar un tratamento insecticida-larvicida durante esta semana.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:
·         Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
·         Alternar substancias con diferente modo de acción.
·         Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.
·         Respectar com rigor os prazos de seguridade.

RECOLECCIÓN:

Recolección:  Estanse a recoller as variedades Ambassy, Lafayette e Initial.

Respecto ó ano 2018, observamos un adianto na data de maduración duns 10-12 días.

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:
  • Natureza química
    • contido en almidón (método I/IK)
    • azúcares solubles (º Brix)
  • Natureza física
    • Cor
    • Firmeza (penetrómetro)



RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Insecticida: Aceite de Neem, spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis.
  • Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)
Produción Integrada

  • Insecticida: Clorantraniliprol 20%, Metil-clorpirifos.
  • Funxicida: Captan, Tiram ou Metiram
GALERÍA DE IMAXES

Penetrómetro

Refractómetro