Novo informe fitosanitario. Tratamentos recomendados para as maceiras e as nogueiras.

Novo informe fitosanitario con recomendacións de tratamentos para as maceiras e as nogueiras.

Texto íntegro no seguinte enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2020.html

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)


RECOLECCIÓN:

Recolección:  Estanse a recoller as variedades de mesa Ambassy, Lafayette e Initial.

Respecto ó ano 2019, observamos un adianto na data de maduración duns 10-12 días.

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

·         Natureza química

o    contido en almidón (método I/IK)

o    azúcares solubles (º Brix)

·         Natureza física

o    Cor

o    Firmeza (penetrómetro)

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

O feito de ter superado o umbral de tolerancia, 1-2 capturas trampa/semana na segunda xeneración, do verme da mazá (C. pomonella),  nas estacións de monitoreo de Chantada e A Pastoriza (provincia de Lugo) e Bergondo, Sada, Abegondo e Laracha (provincia da Coruña), fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta praga que está comenzando a segunda e última xeneración.

Este tratamento tamén terá eficacia contra a larva da Broca, sobre todo nas comarcas de Sarria e Guntín (Lugo) e Abegondo (A Coruña).

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:

·         Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

·         Alternar substancias con diferente modo de acción.

·         Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

·         Respectar com rigor os prazos de seguridade.


OUTRAS PRAGAS

Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Levamos certo tempo observando síntomas compatibles con ataques da mosca da nogueira.

As trampas de captura foron colocadas en cinco comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur. Son trampas cromáticas amarelas que levan acoplado un cebo alimenticio.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e Mexico. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.

A semana pasada capturáronse nas trampas as primeiras moscas, que foron levadas ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, para confirmar a súa presencia. Obtendo un resultado positivo a mosca da nogueira (Rhagoletis completa).

A día de hoxe, siguen a capturarse moscas da nogueira en gran cantidade nas trampas de Bergondo, Cambre, Carral e Sada (A Coruña), así como Guntín na provincia de Lugo.

Detectamos un aumento significativo de capturas en trampas con cebo alimenticio fronte ás trampas sin cebo.

Trataremos de seguir a evolución das capturas da mesma ata o final do seu ciclo.

Os tratamentos contra esta praga pódense facer de dúas meneiras:

·         TIPO CEBO: Un insecticida xunto con proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Debe facerse ao inicio do voo e manterse ate a recolección.

·         TRATAMENTOS XENERALIZADOS A TODA A ÁRBORE: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida.

Recomendamos traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) de esta mosca.


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

TRATAMENTOS MACEIRAS

Agricultura Ecolóxica:
Insecticida-Larvicida: Virus da granulopse da carpocapsa, Spinosad ou Bacillus thuringiensis.

Producción Integrada:
Insecticida-Larvicida: Clorantraniliprol ou Fenoxicarb.

TRATAMENTOS NOGUEIRAS

Agricultura Ecolóxica:
Spinosad.

Producción Integrada:

Piretrinas sintéticas: Deltametrina, Lambda-cihalotrin, ...


GALERÍA DE IMAXES

Adulto de Rhagoletis completa (Cambre, 14/07/2020)

Penetrómetro