Informes fitosanitarios 2020

INFORME FITOSANITARIO – 20 11 2020

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

MACEIRA

Pragas e enfermidades seguidas durante o 2020:

 Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)

 Pulgón verde (Aphis pomi)

 Pulgón lanixero (Eriosoma lanigerum)

 Verme da mazá (Cydia pomonella)

 Broca (Zeuzera pyrina)

 Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)

 Corta-gromos (Corta brotes – Rhynchites caeruleus)

 Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)

 Otros gurgullos da flor: Tropinota squalida e Oxythyrea funesta

 Escolítidos (Xyleborus sp.)

 Amadillidium sp.

 Moteado (Venturia inaequalis)

 Oidium (Podosphaera leucotricha)

 Monilia (Monilinia sp.)

 Cancro (Nectria galligena)

 Fuego Bacteriano” (Erwinia amylovora)

 

Nota: Amadillidium sp.

 Atopados en recolección, causando danos ao roer a epidermis do froito, depreciando e causando podredumes.

 Recomendacións:

 Para dar por rematada a campaña de avisos fitosanitarios, unha vez recollidas as distintas variedades, tanto de mesa como de sidra, debemos realizar un tratamento de outono.

 A caída fisiolóxica das follas produce pequenas lesións que poden ser a vía de entrada na planta de distintas enfermidades. Por iso, as aplicacións con produtos cúpricos, durante esta época, son recomendables para favorecer a súa cicatrización evitando infeccións producidas por fungos.

 Ademáis, estes produtos pretenden reducir as formas invernantes de fungos e bacterias que se asentan de maneira epífita no exterior das árbores.

 No caso das froiteiras de pebida (maceiras e pereiras), o tratamento pode ser eficaz para atenuar os danos que na próxima campaña pode ocasionar a bacteria causante do “fuego bacteriano”, e fungos que producen enfermidades fúnxicas como moteado, septoria...

 Por todo isto, é recomendable utilizar compostos de cobre, realizando 1 ou 2 tratamentos durante a caída da folla.

·          Facer dúas aplicacións con produtos cúpricos:

1.     Co 50% das follas caídas.

2.     Co 100% das follas caídas.

·          Facer unha sóa aplicación, co 75% de defoliación.

 Os compostos de cobre teñen restriccións importantes nas condicións de uso. Debe prestarse atención a:

  • Os cultivos sobre os que se pode aplicar cada formulado.
  • O período de tempo no que pode facerse.
  • Prazo de seguridade.
  • Dose.
  • Cantidade máxima de cobre que se pode empregar por hectárea e ano.

 Compre respectar as indicacións da etiqueta e comprobar a folla de rexistro (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).

 MATERIAS ACTIVAS CÚPRICAS AUTORIZADAS EN FROITEIRAS DE PEBIDA

 

MATERIA ACTIVA

CONCENTRACIÓNS (%) E FORMULACIÓNS

AUTORIZACIÓNS

Hidróxido cúprico

50WP

Froiteiras de pebida e oso.

50WG

Froiteiras de pebida.

30WG

Maceiras

20WG, 25WG, 35WG, 40 WG,

Froiteiras de pebida e oso.

Oxicloruro de cobre

25WG, 30WP, 37’5WG, 38SC, 50WG, 50WP, 52SC, 70SC.

Froiteiras de pebida e oso.

Hidróxido cúprico + Oxicloruro de cobre

(13,6+13,6) SC

Froiteiras de pebida e oso.

Óxido cuproso

50WP, 75WG

Maceiras, pereiras e froiteiras de oso.

Sulfato cuprocálcico

12’4SC, 20WG, 20WP

Froiteiras de pebida e oso.

 

SC: Suspensión concentrada

WG: Granulado dispersable

WP: Pó mollable

 

Galería de imaxes

 Armadillidium sp. atopado en varias plantacións da provincia da Coruña.