AFRUGAL imparte unha charla no concello de Santiso (A Coruña)

O secretario de AFRUGAL, José Juan Rico, impartirá esta tarde unha charla sobre os aspectos a considerar á hora de realizar unha plantación de maceiras.

A charla estará basada, principalmente, na propia experiencia á hora de realizar a plantación de 2,5 Has de mazá de sidra que J. Juan Rico posúe en Aranga.

Os asistentes disporán de información sobre temas tan relevantes como son:

  1. Disponibilidade de terras.
  2. Liñas de axudas / financiación.
  3. Labores de plantación e mantemento.
  4. Produción.
  5. Comercialización.
A xornada está organizada polo Concello de Santiso (A Coruña), e terá lugar no edificio da antiga Casa Consistorial a partir das 16:30 h.