Informes fitosanitarios 2022

 

AVISO FITOSANITARIO – 12 05 2022

 

MACEIRA

 

ESTADO FENOLÓXICO (SEGÚN FLECKINGER).

 

Maceira de mesa (Bergondo-A Coruña):         F/J/J

Maceira de sidra

·         Aranga - A Coruña:                       D2/E2/F2

·         Ortigueira – A Coruña:                 D/E/F

·         A Estrada – Pontevedra:               E/F/G

·         Chantada – Lugo:                         D2/E2/F2

 

INCIDENCIAS FITOPATOLÓXICAS MÁIS DESTACADAS:

 

PRAGAS:

 

Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)

 

Os seus ataques alteran a formación do froito, afectando directamente á colleita. O froito afectado queda inservible para a súa comercialización.

 

En variedades de sidra, estamos en pleno período crítico para o ataque deste pulgón. As fundatrices aparecen despois do desborre e os primeiros danos danse nas follas do propio corimbo.

 

No caso das variedades de mesa, estamos rematando o período crítico para esta praga.

 

O desenvolvemento deste pulgón é explosivo a partir da floración.

 

O período crítico vai desde o callado do froito ata que ten o tamaño dunha avelá (25 mm).

 

É unha especie cun baixo umbral de tolerancia, ée decir, temos que tratar en canto se vexa (a partir do 5% de gromos atacados).

 

Evitaremos todas as medidas culturáis que favorezcan un crecemento vexetativo excesivo: abonados, podas, regas, etc.

 

So é perxudicial en maceira. Cara ao mes de xuño aparecen as femias aladas, que migran ao hospedador secundario que son  diversas especies herbáceas do xénero Plantago, principalmente a Correola (Plantago lanceolata.) onde desenrola varias xeracións. Voltando a fináis de outono a poner os ovos na maceira para pasar o inverno. Polo tanto, é unha especie heteroécica (alterna hospedadores)

 

Existe unha correlación positiva entre maceiras con floración de cedo e o ataque deste pulgón, fronte ás de floración tardía, que sufren en menor medida este ataque.

 

Pulgón verde (Aphis pomi)

 

Debemos empezar a controlar a incidencia deste pulgón nos gromos da maceira.

 

Non é tan perigoso como o pulgón cincento debido a que os seus ataques non afectan directamente ao froito.

 

Estamos no período crítico de ataque deste pulgón.

 

O umbral de tratamento é de 25-50% de gromos atacados.

 

Ao contrario que o cincento, éste completa o seu ciclo vital na maceira (especie homoécica).

 

Pulgón lanixero (Eriosoma lanigerum)

 

En Galicia vive exclusivamente sobre maceiras, causando importantes danos. Raramente o atopamos en marmelo ou pereira.

 

Orixinario de Norteamérica, introdúcese en Europa a fináis do S. XVIII.

 

Comenzan a verse bastantes colonias algodonosas, que se alimentan chuchando o zume da codia leñosa ou herbácea de gromos e pólas.

 

Estamos a comenzar o periodo crítico para a maceira, que vai de maio a agosto.

 

As observacións fanse en patrón EM9. As maceiras inxertadas nos patróns clonáis MM (Malling Merton) son resistentes a esta praga, así como a maioría dos patróns GENEVE.

 

É importante lembrar a relevancia do seu parasitoide específico Aphellinus mali. Este auxiliar, importado dos EEUU en 1920, ten de 6 a 8 xeneracións anuais, e cada femia pon uns 60 ovos.

 

A temperatura umbral de desenrolo de A. mali é de 8,5 ºC, mentres que a de E. lanigerum é duns 4 ºC. Debido a esto, o control de A. mali é mellor a fináis de verán que na primavera. Ademáis, o potencial reproductivo do pulgón é moito menor polas altas temperaturas.

 

Verme da mazá (Cydia pomonella)

 

Cydia pomonella é un lepidóptero cuxo verme fai galerías no interior do froito de maceiras e pereiras. Tamén ataca ás nogueiras, marmeleiros e albaricoqueiros.

 

Os adultos desta praga, que pasaron o inverno en estado de larva nas fendas do tronco ou das polas, están comenzando a voar.

 

Informaremos do momento axeitado para facer os tratamentos fitosanitarios oportunos ao longo da tempada.

 

Lembrar que para que se produzca o primeiro voo anual dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática.

 

Dende o 1 de xaneiro até o día 27 de abril, acadáronse os seguintes grados/día nas diferentes estacións meteorolóxicas representativas para a fruticultura galega:

 

Zona

Estación

Grados/día actual

Data 400 grados/día

Mariñas Coruñesas

Mabegondo

> 400

30 - abril

Mariñas Coruñesas

Guísamo

> 400

29 - abril

Barbanza

Boiro

> 400

 28 - marzo

Lugo Sur

Sarria

> 400

9 - maio

 

Acadamos os 400 grados/día en todas as estacións. As outras condicións para a aplicación dos tratamentos é a existencia de dúas capturas de adultos/trampa x semana, comenzando a contar grados/día cando a temperatura crepuscular (temperatura do ocaso + 2 horas) sexa maior a 15’5 ºC durante dous días seguidos.

 

As primeiras dúas capturas, tiveron lugar nas estacións de monitoreo nas datas que se detallan na seguinte táboa. Estando á espera de superar a temperatura crepuscular dos 15’5 ºC durante dous días seguidos.

 

Táboa de capturas

 

Zona

Estación monitoreo

Trampas colocadas

Capturas semanáis

04/05/2022

Capturas semanáis

11/05/2022

Mariñas Coruñesas

Aranga

11/05/2022

Mariñas Coruñesas

Bergondo

27/04/2022

5

11

Barbanza

Boiro

02/05/2022

3

Lugo Sur

Sarria

06/05/2022

 

Táboa de condicións para o ataque da primeira xeneración noutras estacións.

 

ZONA

400 grados/día

1ª captura (2)

Tª Crepuscular

Ovicida

Larvicida

Mariñas Coruñesas

29/04

04/05

08-09/05

 

 

Barbanza

28/03

11/05

90-10/05

 

 

Lugo Sur

09/05

--

--

 

 

 

Debemos destacar a importancia do clima no desenvolvemento das pragas.

 

Broca (Zeuzera pyrina)

 

Despois de pasar o inverno, as larvas que se atopan no interior das polas e o tronco comenzan a crisalidar, aparecendo os primeiros adultos no mes de xuño.

 

Tras acoplarse, a femia realiza a posta en lugares protexidos de maneira que, tras o nacemento, as larvas acadan a parte terminal dos gromos e introdúcense neles pola axila das follas. Estas larvas están dentro da madeira durante dous anos, tempo no que completa o seu ciclo biolóxico.

 

Colocaremos as trampas de seguemento a fináis de xuño.

 

Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)

 

Sin incidencias.

 

É unha praga máis frecuente no centro e sur da península que en Galicia. Ten preferencia polas especies silvestres e cultivadas dos xéneros Prunus sp. e Crataegus sp., pero tamén pode atacar a maceiras e pereiras.

 

Esta praga detectouse por primeira vez en Galicia no ano 2008.

 

Corta-gromos (Corta brotes – Rhynchites caeruleus)

 

É un coleóptero de 3-4 mm que corta a parte terminal dos gromos novos, onde deposita un ovo. Despois, secciona o gromo por debaixo da picadura, quedando o ovo na parte cortada.

 

Non é unha praga moi perigosa. Soamente pode ser relevante en plantacións novas ou en viveiros.

 

Apreciamos este ano unha incidencia de ataque media.

 

Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)

 

Sin incidencias, por ter rematada o periodo crítico.

 

Otros gurgullos da flor: Tropinota squalida e Oxythyrea funesta

 

Sin incidencias, por ter rematada o periodo crítico.

 

Escolítidos (Xyleborus sp.)

 

Sin incidencias.

 

ENFERMIDADES:

 

É importante suliñar a necesidade de manter unha boa aireación nas plantacións froiteiras, para minimizar os efectos dos fungos nas mesmas.

 

Para elo, debemos manexar moi ben parámetros como: poda, fertilización axeitada, marco de plantación,…

 

Moteado (Venturia inaequalis)

 

O moteado está causado por fungos do xénero Venturia. As infeccións prodúcense sempre que se dan as condicións favorables para o fungo (humidade e temperatura).

 

Desde prefloración, tanto maceiras como pereiras, son sensibles á contaminación por este fungo. Polo tanto, debemos de observar coidadosamente, follas, flores e froitos desde o estado C3 ata fináis de maio.

 

As follas caidas ao chan da campaña anterior, son a fonte de inóculo (peritecas).

 

As peritecas, son as formas invernantes do moteado. Éstas evolucionan e van formando ascosporas maduras, capaces de producir a infección primaria en combinación con condicións favorables á infección (humidade e temperatura) e un estado sensible da maceira.

 

A partir do estado fenolóxico C3 (“orella de rato”) temos posibilidades de infección, polo que estamos nun período moi sensible.

 

Polo tanto, nas variedades de sidra e mesa, estamos en pleno periodo crítico, sobre todo, se aparecen condicións de humidade favorable (periodos de chuvia prolongados, e incluso orballos intensos), unido con temperaturas primaveráis.

 

Sería moi interesante contar con estacións meteorolóxicas automáticas de control, que nos medirían temperatura, chuvia, humidade relativa e tempo que a folla permanece húmida. Con estes datos evaluaríamos o risco de infección mediante a Gráfica de Mill’s.

 

Oidium (Podosphaera leucotricha)

 

Incidencia alta.

 

Fungo externo que se manifesta como un pó branco, de aspecto fariñoso, recubrindo os gromos. Este recubrimento é o micelio do fungo, que afecta principalmente a gromos e follas novas.

 

A partir do estado fenolóxico E/E2 (botón rosa), poden empezar a producirse as infeccións primarias. Tras éstas, desenvolve os conidios que producen as contaminacións secundarias durante o resto do proceso vexetativo.

 

Esta enfermidade desenvólvese mellor en condicións  de humidade e temperatura elevadas. Ainda que ó contrario que outros fungos, non se ve favorecido pola chuvia, xa que é capaz de xerminar sin auga.

 

 

RECOMENDACIÓNS:

 

Maceiras de sidra e mesa

 

En maceiras de sidra e mesa en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

 

Nas variedades nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

 

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

 

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

 

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

AVISO FITOSANITARIO – 11 04 2022


MACEIRA

ESTADO FENOLÓXICO (SEGÚN FLECKINGER).

Maceira de mesa (Bergondo-A Coruña):         D/E/F

Maceira de sidra

·         Aranga - A Coruña:                       B/C/D

·         Ortigueira – A Coruña:                 B/C/D

·         A Estrada – Pontevedra:               B/C/D

·         Chantada – Lugo:                         B/C/D

 

INCIDENCIAS FITOPATOLÓXICAS MÁIS DESTACADAS:

PRAGAS:

Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)

Os seus ataques alteran a formación do froito, afectando directamente á colleita. O froito afectado queda inservible para a súa comercialización 

En variedades de sidra, estamos comenzando o período crítico para o ataque deste pulgón. As fundatrices aparecen despois do desborre e os primeiros danos danse nas follas do propio corimbo.

No caso das variedades de mesa, estamos en pleno periodo crítico para esta praga.

O desenvolvemento deste pulgón é explosivo a partir da floración.

O período crítico vai desde o callado do froito ata que ten o tamaño dunha avelá (25 mm).

É unha especie cun baixo umbral de tolerancia, é decir, temos que tratar en canto se vexa (a partir do 5% de gromos atacados).

Evitaremos todas as medidas culturáis que favorezcan un crecemento vexetativo excesivo: abonados, podas, regas, etc.

So é perxudicial en maceira. Cara ao mes de xuño aparecen as femias aladas, que migran ao hospedador secundario que son  diversas especies herbáceas do xénero Plantago, principalmente a Correola (Plantago lanceolata.) onde desenrola varias xeracións. Voltando a fináis de outono a poner os ovos na maceira para pasar o inverno. Polo tanto, é unha especie heteroécica (alterna hospedadores)

Existe unha correlación positiva entre maceiras con floración de cedo e o ataque deste pulgón, fronte ás de floración tardía, que sufren en menor medida este ataque.


Pulgón verde (Aphis pomi)

Non é tan perigoso como o pulgón cincento debido a que os seus ataques non afectan directamente ao froito.

Estamos a comenzar o período crítico de ataque deste pulgón.

O umbral de tratamento é moito máis alto que o do pulgón cincento (25-50% de gromos atacados).

Ao contrario que o cincento, éste completa o seu ciclo vital na maceira (especie homoécica).

Os tratamentos executados en prefloración efectuados contra o pulgón cincento, son eficaces tamén contra este pulgón.

 

Pulgón lanixero (Eriosoma lanigerum)

Sin incidencias.


Verme da mazá (Cydia pomonella)

Cydia pomonella é un lepidóptero cuxo verme fai galerías no interior do froito de maceiras e pereiras. Tamén ataca ás nogueiras, marmeleiros e albaricoqueiros.

Os adultos desta praga, que pasaron o inverno en estado de larva nas fendas do tronco ou das polas, están comenzando a voar.

Informaremos do momento axeitado para facer os tratamentos fitosanitarios oportunos ao longo da tempada.

Lembrar que para que se produzca o primeiro voo anual dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática.

Dende o 1 de xaneiro até o día 10 de abril, acadáronse os seguintes grados/día nas diferentes estacións meteorolóxicas representativas para a fruticultura galega: 

Zona

Estación

Grados/día actual

Data 400 grados/día

Mariñas Coruñesas

Mabegondo

271,6

 

Mariñas Coruñesas

Guísamo

303,9

 

A Estrada

Vedra

321,5

 

 As outras condicións para a aplicación dos tratamentos é a existencia de dúas capturas de adultos/trampa x semana, comenzando a contar grados/día cando a temperatura crepuscular (temperatura do ocaso + 2 horas) sexa maior a 15’5 ºC durante dous días seguidos.

Debemos destacar a importancia do clima no desenvolvemento das pragas.

 

Broca (Zeuzera pyrina)

Sin incidencias.

Colocaremos as trampas de seguemento a mediados de xuño.

 

Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)

Sin incidencias. 

É unha praga máis frecuente no centro e sur da península que en Galicia. Ten preferencia polas especies silvestres e cultivadas dos xéneros Prunus sp. e Crataegus sp., pero tamén pode atacar a maceiras e pereiras.

Esta praga detectouse por primeira vez en Galicia no ano 2008.


Corta-gromos (Corta brotes – Rhynchites caeruleus)

Sin incidencias.


Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)

Debemos de estar atentos a posibles incidencias desta praga, xa que pronto vai a comenzar a floración na maioría das maceiras de sidra.

É un coleóptero cuxos danos presentan una densidade baixa pero, de xeito ocasional, incrementa a súa poboación orixinando danos nas flores.

A presencia de flores secas e pechadas son síntomas do ataque desta praga.

En ocasións, obsérvase o furado por donde saíu o adulto que se criou no interior da flor. 

Esta praga detectouse nas plantacións semi-abandonadas de maceiras de sidra da Estrada (Pontevedra) no mes de maio de 2016.

 

Otros gurgullos da flor: Tropinota squalida e Oxythyrea funesta

Son coleópteros da familia Esacarabidae. Son perxucidiais so no estado adulto, xa que as larvas son saprófagas. Moi polífagos e abundantes. Producen danos de pouca importancia, xeralmente nas flores de froiteiras, hortícolas, ornamentais, cereais e viñedo.

En maceira afecta ás flores, onde se alimentan de pole, pétalos e outros órganos tenros.

Son pragas ocasionáis en froiteiras da familia das Rosáceas. 

Observamos pequenos danos destes coleópteros en plantacións de Bergondo e Sobrado (A Coruña), A Estrada (Pontevedra) e Begonte e Chantada (Lugo).

 

Escolítidos (Xyleborus sp.)

Aparecen incidencias puntuáis de ataque nas Mariñas Coruñesas e na Mariña Luguesa, así como no interior de Lugo.

 

ENFERMIDADES:

 

Moteado (Venturia inaequalis)

O moteado está causado por fungos do xénero Venturia. As infeccións prodúcense sempre que se dan as condicións favorables para o fungo (humidade e temperatura).

Desde prefloración, tanto maceiras como pereiras, son sensibles á contaminación por este fungo. Polo tanto, debemos de observar coidadosamente, follas, flores e froitos desde o estado C3 ata fináis de maio.

As follas caidas ao chan da campaña anterior, son a fonte de inóculo (peritecas).

As peritecas, son as formas invernantes do moteado. Éstas evolucionan e van formando ascosporas maduras, capaces de producir a infección primaria en combinación con condicións favorables á infección (humidade e temperatura) e un estado sensible da maceira.

A partir do estado fenolóxico C3 (“orella de rato”) temos posibilidades de infección, polo que estamos nun período moi sensible.

Polo tanto, nas variedades de sidra, estamos entrando nun periodo moi sensible e sobre todo, se aparecen condicións de humidade favorable (periodos de chuvia prolongados, e incluso orballos intensos), unido con temperaturas primaveráis.

Nas variedades de mesa, estamos en pleno periodo crítico para esta enfermidade.

 

Oidium (Podosphaera leucotricha)

Fungo externo que se manifesta como un pó branco, de aspecto fariñoso, recubrindo os gromos. Este recubrimento é o micelio do fungo, que afecta principalmente a gromos e follas novas.

A partir do estado fenolóxico E/E2 (botón rosa), poden empezar a producirse as infeccións primarias. Tras éstas, desenvolve os conidios que producen as contaminacións secundarias durante o resto do proceso vexetativo.

Esta enfermidade desenvólvese mellor en condicións  de humidade e temperatura elevadas. Ainda que ó contrario que outros fungos, non se ve favorecido pola chuvia, xa que é capaz de xerminar sin auga.

 

RECOMENDACIÓNS:

 

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras de sidra que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse.

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento e o pulgón verde.

En maceiras en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

 

OBSERVACIÓNS

HORAS-FRIO 

As xemas, para sair do repouso necesitan unha cantidade específica de frío invernal que restaure a capacidade da xema para hincharse e medrar. Temperaturas por debaixo de 7ºC son as efectivas.

Polo tanto, a duración media de repouso dunha determinade especie denomínase “necesidades de frío”.

Este ano acadamos en casi todas as estacións a cantidade necesaria de horas-frío, agás algunhas zonas como as Mariñas Coruñesas (próximas ao mar), polo que os síntomas que imos atopar nestas zonas serán: floración escalonada, perda de xemas, e polo tanto disminución da colleita.

Este desaxuste na floración provoca dificultade na polinización e que os froitos sexan de tamaño máis pequeño.


GALERÍA DE IMAXES

 

Estados fenolóxicos da maceira según Fleckinger