AFRUGAL no programa O Agro (TVG) do 25/12/2014

O programa O Agro da TVG emitiu o día de Nadal un resumo da I Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras organizada por AFRUGAL.

Neste programa foron entrevistados Francisco Otero, Presidente de AFRUGAL, José Luis Olmedo, responsable de I+D+i de Hijos de Rivera Inversiones Corporativas SL, Nuria de Prado, técnico de Agricultura da Xunta de Castela e León e Miguel Soto, técnico da cooperativa ULLAMA.

No seguinte enlace podedes acceder ó programa completo (A Revista). A parte dedicada ó Agro comenza no minuto 42 do video.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-960373