AFRUGAL está colaborando estes días na plantación dos campos programados dentro do proxecto "Maeloc" de Hijos de Rivera, para o estudo agronómico de variedades galegas de mazá para a produción de sidra.
O Presidente de AFRUGAL, Francisco Otero, coordina a plantación destes campos nos que se analizará o comportamento de dez variedades galegas fronte a unha variedade testemuña de alto rendemento como é "De la Riega".
O programa O AGRO da TVG, visitou un destes campos no momento da súa plantación, entrevistando a Francisco Otero e a José Luis Olmedo, Xestor de Proxectos de Hijos de Rivera.
Podedes ver o programa completo premendo no seguinte enlace:
