CURSO DE PODA NO CONCELLO DE SADA (A CORUÑA)

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de poda.
A finalidade desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar a poda de árbores frutais e kiwis.
A formación de 10 h. de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro Agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e consta de dous partes, unha teórica na que se abordarán os aspectos básicos e outra práctica dedicada a poda.
Os contidos son:
1) Principios de poda
a) Épocas de poda
b) Incisións e anillados
c) Útiles de poda
2) Poda de formación
a) Tipos de sistemas de formación: vaso, palmeta, pirámide, etc.
b) Eixo central
c) Poda de kiwi: T- baar
3) Poda de frutificación e aclareo de froitos
a) Órganos frutíferos e vexetativos
b) Poda de frutificación en froitas de pebida
c) Poda de frutificación en froitas de óso
d) Poda de frutificación en kiwi
e) Aclareo manual e químico
4) Prácticas de poda. Árbores froiteiras con pebida, óso e kiwi

Datas e horario:
Parte teórica, o 25 e 26 de febreiro de 2019 de 19:00 a 21:30 h. e 28 de febreiro de 16:00 a 18:30 h.
Parte práctica, decidirase data e hora ao longo do curso en función da climatoloxía.
Lugar: Centro Social de Veigue, Lg. Fraga, 2- 15169 Veigue, Sada,
Prazas: 25

Coste: 15 €. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)

Todas as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do teléfono: 881.929.057 ou na ligazón: https://goo.gl/forms/bT8vl5W3wnyVY2Uv2

Prazo de inscrición: ata o venres 23 de febreiro ás 10:00 h.