Novo informe fitosanitario publicado.
Podedes acceder á versión completa no seguinte enlace:
RECOMENDACIÓNS:
Mazá de mesa e sidra
As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.
Pola contra, non debemos realizar este tratamento funxicida nas variedades de sidra, polo efecto negativo que tería sobre as levaduras e, por conseguinte, na fermentación do mosto.
O feito de ter superado, a semana pasada, o umbral de tolerancia do verme da mazá (C. pomonella), en todas as estacións, agás en Ribadeo e Ortigueira, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na segunda xeneración das dúas que ten no ano.
Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.
É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.
Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).
Recoméndase:
· Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
· Alternar substancias con diferente modo de acción.
· Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.
· Respectar com rigor os prazos de seguridade.
RECOLECCIÓN:
Recolección: Estanse a recoller as variedades Antares, Grupo Elstar e Grupo Gala.
Respecto ó ano 2018, observamos un adianto na data de maduración duns 10-12 días.
Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:
· Natureza química
o contido en almidón (método I/IK)
o azúcares solubles (º Brix)
· Natureza física
o Cor
o Firmeza (penetrómetro)
RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL
Agricultura Ecolóxica
- Insecticida: Aceite de Neem, spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis.
- Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)
Produción Integrada