O presidente de Afrugal, Francisco Otero, fala sobre os avisos fitosanitarios en Radio Voz



O pasado luns 25 de maio, o presidente de AFRUGAL, Francisco Otero, foi entrevistado no programa "Voces de Bergantiños" (Radio Voz).

A entrevista centrouse no traballo que fai a Consellería do Medio Rural para a emisión dos avisos fitosanitarios que posteriormente recollemos en AFRUGAL, e a partir dos cales facemos as recomendacións dos tratamentos máis axeitados para combatir as pragas e enfermidades das nosas maceiras.

No seguinte enlace podedes acceder ao arquivo das gravacións do programa, onde teredes que seleccionar o do día 25 de maio.

Unha vez dentro, a entrevista comenza no minuto 72 do arquivo de audio.