Informe fitosanitario 11/4/2022

 Publicado un novo informe fitosanitario, que podedes consultar no seguinte enlace:

https://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2022.html


RECOMENDACIÓNS:

 

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras de sidra que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse.

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento e o pulgón verde

En maceiras en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

 

OBSERVACIÓNS

HORAS-FRIO 

As xemas, para sair do repouso necesitan unha cantidade específica de frío invernal que restaure a capacidade da xema para hincharse e medrar. Temperaturas por debaixo de 7ºC son as efectivas.

Polo tanto, a duración media de repouso dunha determinade especie denomínase “necesidades de frío”.

Este ano acadamos en casi todas as estacións a cantidade necesaria de horas-frío, agás algunhas zonas como as Mariñas Coruñesas (próximas ao mar), polo que os síntomas que imos atopar nestas zonas serán: floración escalonada, perda de xemas, e polo tanto disminución da colleita.

Este desaxuste na floración provoca dificultade na polinización e que os froitos sexan de tamaño máis pequeño.

 

GALERÍA DE IMAXES

Estados fenolóxicos da maceira según Fleckinger