AFRUGAL participa na Xornada de Emprendemento organizada pola ADR Mariñas-Betanzos

O secretario de AFRUGAL, J. Juan Rico Rodríguez, participará na Xornada de "Oportunidades dos produtos locais para o emprendemento no sector agroalimentario" organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos.

Durante esta xornada, presentaremos a fruticultura como unha alternativa económica viable para a comarca de Betanzos, a través da experiencia da plantación que J. Juan Rico ten en Aranga, e aproveitaremos para dar a coñecer a nosa asociación e as actividades que desenvolvemos.

Data: Mércores 26 de febreiro de 2014
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)
Enderezo: Ctra. Betanzos a Mesón do Vento, Km 7,5 - Mabegondo (Abegondo)
Horario: De 9:00 a 16:30 h.

PROGRAMA