AFRUGAL celebra a súa primeira Asamblea Xeral

No día de onte, venres 7 de marzo de 2014, a Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL) celebrou a súa primeira Asamblea Xeral Ordinaria.

Nesta xuntanza incorporáronse sete novos socios, o que confirma as espectativas de crecemento de AFRUGAL, tendo en conta a recente creación desta asociación (abril-2013).

Ademáis dos asuntos de trámite xeral, aprobáronse medidas importantes para a coordinación de compras e vendas nas distintas explotacións.

Tamén foi aprobado o Plan de Actividades para o presente ano 2014, no que constan aspectos tan importantes como son:

  • Consolidar o funcionamento da Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) creada por AFRUGAL.
  • Organización dun curso de fruticultura aberto ó público en xeral (con prioridade para os socios).
  • Colaboración coa Consellería do Medio Rural na realización dun ensaio de aclareo de froitos.
  • Colaboración con outras entidades para a participación en cursos e xornadas técnicas.

Como ven sendo habitual, a información das distintas actividades aprobadas, así como das que poidan xurdir ó longo do ano, será actualizada no presente blog.