AFRUGAL colabora no Mercado da Colleita

O Presidente de AFRUGAL, Francisco Otero, impartiu unha charla sobre a mazá de sidra no Mercado da Colleita da Coruña dentro da semana adicada á sidra.

Ainda que as prazas previstas pola organización eran reducidas, a afluencia de público foi moi alta debido ó interese da charla impartida, así como polo atractivo deseño da zona comercial / expositiva adicada á sidra Maeloc, producida por Custom Drinks (Grupo Hijos de Rivera) nas instalacións que esta empresa posúe en Chantada (Lugo).