http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2018.html
RECOMENDACIÓNS:
Estamos no momento axeitado para facer aclareo de froitos tanto en agricultura ecolóxica como en produción integrada.
Lembrar que a época óptima de aclareo de froitos vai desde os 30 ós 45 días despois da plena floración (100% de flores abertas).
Maceiras de sidra
En todas as variedades, unha vez superada a floración, debemos de dar un tratamento a base dun insecticida e un funxicida sistémico.
Maceiras de mesa
Nesta semana, debemos facer un tratamento cun insecticida-larvicida contra vermes da primeira xeneración de C. pomonella deste ano.
O produto debe de estar cubrindo a folla e o froito antes da penetración do verme.
Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.
OBSERVACIÓNS:
CONFUSIÓN SEXUAL: Debe poñerse ó inicio do vóo. Este método consiste en dispor de 800 a 1000 difusores/Ha distribuidos pola plantación.
Estes difusores levan a feromona que emiten as femias para atraer ós machos. Ó poñer puntos artificiais de emisión, interfírese a comunicación entre machos e femias, dificultándose o seu encontro.
Este sistema non deixa resíduos en froita, pero só é eficaz en plantacións maiores de 1 Ha.
A Consellería do Medio Rural, vai a levar a cabo un ensaio deste método nunha finca colaboradora de 2,5 Ha de mazá de sidra sita en Aranga (A Coruña).
RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL
Agricultura ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio 18% (Dose 2%)
Insecticida pulgón: Aceite de Neem
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis
Agricultura integrada:
Funxicida sistémico: Tebuconazol.
Insecticida: Metil-Clorpirifos.
![]() |
Verme da mazá (C. pomonella) |
![]() |
Adulto de verme da mazá (C. pomonella) |
![]() |
Orugueta del almendro (A. infausta) |