INFORME FITOSANITARIO 14/06/2018

RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  en tres estacións (Sada, Ortigueira e Chantada), fai necesario, nestos microclimas, a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a palicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Este tratamento tamén terá eficacia contra pulgóns.

Ademáis, segundo indicamos anteriormente, a este tratamento insecticida, debemos de engadirlle un funxicida sistémico.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio 18% (Dose 2%) (Non mesturar co insecticida para o verme)
Insecticida pulgón: Aceite de Neem
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis

Agricultura integrada:

Funxicida sistémico: Tebuconazol.
Insecticida: Metil-Clorpirifos.


Danos por Xyleborus dispar (Chantada - maio 2018)

Danos por Cydia pomonella (1ª xeneración)

Verme da mazá (C. pomonella)