INFORME FITOSANITARIO 12/07/2018

Novo informe fitosanitario disponible no seguinte enlace:

http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2018.html

A continuación expoñemos as recomendacións do informe.

RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. Pomonella), en todas as estacións agás en Aranga e Ribadeo, fai necesario, a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Este tratamento tamén terá eficacia contra o pulgón verde (Aphis pomi) e larvas de Zeuzera pyrina.

As condicións meteorolóxicas cambiantes, com presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido ó insecticida recomendado.

Teremos en conta que os funxicidas de contacto perden o seu efecto a partir dunha choiva acumulada de 15 l/m2, fronte ós insecticidas sistémicos, que son independentes da choiva caída.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio 18% (Dose 2%) (Non mesturar co insecticida para o verme)
Insecticida pulgón: Aceite de Neem
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis

Agricultura integrada:
Funxicida sistémico: Captan ou Tiram
Insecticida: Metil-Clorpirifos.

Pulgón laníxero parasitado por A. mali 
Zeuzera pyrina. Primeiras capturas. Chantada 2018.