INFORME FITOSANITARIO 30/07/2018

Novo informe fitosanitario, disponible no enlace seguinte:

http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2018.html


RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. Pomonella), en todas as estacións agás en Bergondo e Ribadeo, fai necesario, a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está a rematar a primeira xeración. Este tratamento tamén terá eficacia contra as larvas de Broca (Zeuzera pyrina) que poderían atacar às nosas maceiras na primeira quincena de agosto, sobre todo no sur de Galicia: Chantada, Sarria e A Estrada, que superan ampliamente o umbral de tolerancia.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

As condicións meteorolóxicas cambiantes, com presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido ó insecticida.

Teremos em conta que os funxicidas de contacto perden o seu efecto a partir dunha choiva acumulada de 15 l/m2, fronte ós insecticidas sistémicos, que son independentes da choiva caída.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

RECOLECCIÓN:

Levamos un retraso de 10-15 días de maduración nas variedades temperás (Ambassy, Initial e Lafayette), que o ano pasado eran recollidas nestas datas.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio 18% (Dose 2%) (Non mesturar co insecticida para o verme)
Insecticida pulgón: Aceite de Neem
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis

Agricultura integrada:
Funxicida sistémico: Captan ou Tiram
Insecticida: Metil-Clorpirifos.

Capturas Z. pyrina - Sarria 2018