Novo informe fitosanitario disponible:
RECOMENDACIÓNS:
Mazá de mesa e sidra
O feito de ter superado o umbral de tolerancia do verme da mazá (C. Pomonella), en todas as estacións, fai necesario a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está a comenzar a segunda xeración. Este tratamento tamén terá eficacia contra as larvas de Broca (Zeuzera pyrina) que poderían atacar ás nosas maceiras na segunda quincena de agosto.
Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.
As condicións meteorolóxicas cambiantes, com presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido ó insecticida.
Teremos em conta que os funxicidas de contacto perden o seu efecto a partir dunha choiva acumulada de 15 l/m2, fronte ós insecticidas sistémicos, que son independentes da choiva caída.
É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.
Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).
Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
RECOLECCIÓN:
Recolección: Estanse a recoller as variedades Ambassy, Lafayette e Initial.
Respecto ó ano 2017, observamos un atraso na data de maduración duns 15 días.
Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:
· Natureza química
o contido en almidón (método I/IK)
o azúcares solubles (º Brix)
· Natureza física
o Cor
o Firmeza (penetrómetro)
RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis.
Funxicida de contacto: Polisulfuro de cal 18% (Dose 2%). Non mesturar co insecticida do verme.
AGRICULTURA INTEGRADA
Insecticida verme da mazá: Metil-clorpirifos.
Funxicida de contacto: Captan, Tiram.
Ataque de verme da mazá_Segunda xeración |
![]() |
Refractómetro |
![]() |
Penetrómetro |