Novo informe fitosanitario publicado. Pode consultarse íntegramente no seguinte enlace:
A continuación, indicamos as recomendacións incluidas no informe.
RECOMENDACIÓNS:
Mazá de mesa e sidra
A segunda xeración do verme da mazá, comezou o dia 3 de agosto (600 grados/dia). Datos referidos a estación metereoloxica de Mabegondo (A Coruña).
Os datos das capturas de machos recollidos nestas dúas últimas semanas reflicten un claro descenso, polo que podemos dar por rematado o ciclo deste lepidóptero para o ano 2018.
O feito de non acadar o umbral de tolerancia nas capturas de machos do verme da mazá (C. Pomonella) na última semana, em ningunha das estacións de control, non fai necesaria a aplicación de ningún tratamento.
Os días de setembro, cada vez mais curtos, xunto as temperaturas mais frescas do solpor, fan que as capturas da segunda xeración sexan nulas.
As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado, monilia e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto, co fin de prevenir enfermidades tanto en campo como en cámara. Pola contra non deberemos de realizar este tratamento funxicida en variedades de mazá de sidra, polo efecto negativo que teria sobre as levaduras e por conseguinte na fermentación do mosto.
Posto que estamos a recomendar tratamentos fitosanitarios próximos à data de colleita, é preciso observar e respetar os prazos de seguridade, para calquer producto comercial que empreguemos.
Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
RECOLECCIÓN:
Recolección: Estanse a recoller as variedades: Grupo Galas, grupo Elstar, Reinetas (blanca e parda), Jonagold, Idared, Mandy e Opal.
Respecto ó ano 2017, observamos un atraso na data de maduración duns 15 días.
Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:
Natureza química
- contido en almidón (método I/IK)
- azúcares solubles (º Brix)
Natureza física
- Cor
- Firmeza (penetrómetro)
RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL
Non realizar tratamentos funxicidas en variedades de sidra, polo seu efecto negativo sobre as levaduras que van a fermentar o mosto.
Agricultura ecolóxica
Funxicida de contacto: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%).
Agricultura integrada
Funxicida de contacto: Captan ou Tiram