INFORME FITOSANITARIO 23/05/2019

Novo informe fitosanitario disponible. A continuación indicamos as recomendacións fináis do mesmo.

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores. Lembrar que este ano acumulamos un adianto na floración de 15-20 días respecto do último ano.

Nas variedades de mesa e sidra nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), aplicaremos tamén un tratamento  a base dun insecticida e un funxicida sistémico.

Especial atención merece facer un tratamento para o verme da mazá a base dun insecticida-larvicida, nas comarcas de As Mariñas Coruñesas, Lugo Sur e A Estrada, xa que se prevé un ataque para mediados da vindeira semana.


Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Funxicida (só de contacto): Polisulfuro de Calcio (dose 2%)
  • Insecticida: Aceite de neem
  • Insecticida-Larvicida (verme): Bacillus thuringiensis, Spinosad ou Virus da granulopse da carpocapsa.
Produción Integrada
  • Funxicida sistémico: Tebuconazol
  • Insecticida: Metil-clorpirifos

GALERÍA DE IMAXES


Trampa Delta de monitoreo de C. pomonella

Froito atacado polo verme da mazá (C. pomonella) - Bergondo (A Coruña)