INFORME FITOSANITARIO 09/05/2019

Novo informe fitosanitario publicado.

Podedes velo completo no seguinte enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2019.html

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F), é imprescindible un tratamento preventivo cunfunxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento.

En maceiras de mesa en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores. Lembrar que este ano acumulamos un adianto na floración de 15-20 días respecto do último ano.

Nas variedades de mesa nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), aplicaremos tamén un tratamento funxicida pero cun produto sistémico, xa que dispoñemos de máis superfície foliar.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

CONFUSIÓN SEXUAL EN CYDIA POMONELLA

Debemos de proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga, xa que se debe de colocar ao inicio do vóo para que sexa eficaz.


Este método de loita consiste em dispoñer de numerosos difusores de feromonas distribuidos pola plantación. A feromona é a substancia química que emiten as femias para atraer aos machos. Ao poñer moitos puntos de emisión desta feromona, interfírese a comunicación entre machos e femias dificultando o encontro e, en consecuencia, os ovos non son fecundados.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Funxicida (só de contacto): Polisulfuro de Calcio (dose 2%)
  • Insecticida: Aceite de neem
Produción Integrada
  • Funxicida de contacto: Captan ou Tiram
  • Funxicida sistémico: Tebuconazol
  • Insecticida: Metil-clorpirifos

GALERÍA DE IMAXES

Oxythyrea funesta atacando un corimbo de maceira

Pulgón verde (Aphis pomi) atacando gromos de maceira