INFORME FITOSANITARIO 25/04/2019

Novo informe publicado. Podedes velo completo no seguinte enlace ou no apartado correspondente do menú principal do blog.

https://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2019.html


A continuación, indicamos as recomendacións e as imaxes incluidas no informe.

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse. Este sería o caso de casi todas as variedades sidreiras (agás De la Riega).

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F)(todas as variedades de mesa), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento.

En maceiras de mesa en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores. Lembrar que este ano acumulamos un adianto na floración de 15-20 días respecto do último ano.

Nas variedades de mesa nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), aplicaremos tamén un tratamento funxicida pero cun produto sistémico, xa que dispoñemos de máis superfície foliar.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

CONFUSIÓN SEXUAL EN CYDIA POMONELLA

estamos chegando á época de proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga.


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Cobre: Óxido Cuproso
  • Funxicida (só de contacto): Polisulfuro de Calcio (dose 2%)
Produción Integrada
  • Cobre: Óxido Cuproso
  • Funxicida de contacto: Captan ou Tiram
  • Funxicida sistémico: Tebuconazol

Tropinota sp. Guísamo 02-04-2019