INFORME FITOSANITARIO 13/06/2019

Novo informe fitosanitario disponible no enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2019.html

RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

Estanse a dar as condicións climatolóxicas axeitadas para o desenrolo do moteado.

As chuvias destes días, xunto coas temperaturas suaves da época, son o marco axeitado para a proliferación dos fungos que causan o moteado da maceira (Venturia inequalis) e da pereira (Venturia pyrina).

As chuvias do pasado mês, incluso as que van de xuño, ainda que mínimamente, provocaron que nalgunhas fincas se detectaran danos por moteado. Nestas parcelas, se as condicións son favorables, debido à chuvia e aos orballos, podem desenrolarse contaminacións secundarias que se traducirán días despois em novos danos em follas e froitos.

Por todo isto, debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

OBSERVACIÓNS:

Estamos no momento axeitado para colocar a confusión sexual para a Broca (Z. pyrina).

Esta técnica resulta eficaz en parcelas de dimensións menores que no caso do verme da mazá (C. pomonella).

As capturas comenzan a fináis de xuño, polo que debemos de colocar os difusores e as trampas de monitoreo.


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Insecticida: Aceite de Neem.
  • Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)
Produción Integrada

  • Insecticida: Metil-clorpirifos.
  • Funxicida: Tebuconazol 25 WG

GALERÍA DE IMAXES

Capturas Z. pyrina

Moteado en folla e froito