INFORME FITOSANITARIO 27/06/2019

RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

Estanse a dar as condicións climatolóxicas axeitadas para o desenrolo do moteado.

As chuvias destes días, xunto coas temperaturas suaves da época, son o marco axeitado para a proliferación dos fungos que causan o moteado da maceira (Venturia inequalis) e da pereira (Venturia pyrina).

As chuvias do pasado mês, incluso as que van de xuño, ainda que mínimamente, provocaron que nalgunhas fincas se detectaran danos por moteado. Nestas parcelas, se as condicións son favorables, debido à chuvia e aos orballos, podem desenrolarse contaminacións secundarias que se traducirán días despois em novos danos em follas e froitos.

Por todo isto, debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  en todas as estacións, agás en Ribadeo, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a palicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Este tratamento tamén terá eficacia contra o pulgón verde (Aphis pomi).

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).


Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Insecticida: Aceite de Neem.
  • Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)
Produción Integrada
  • Insecticida: Metil-clorpirifos.
  • Funxicida: Tebuconazol 25 WG
GALERÍA DE IMAXES

Z. pyrina (adulto) 
Z. pyrina (larva)