INFORME FITOSANITARIO 06/09/2019

Novo informe fitosanitario publicado.

Podedes acceder á versión completa no seguinte enlace:


RECOMENDACIÓNS:

Mazá de mesa e sidra

As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

Pola contra, non debemos realizar este tratamento funxicida nas variedades de sidra, polo efecto negativo que tería sobre as levaduras e, por conseguinte, na fermentación do mosto.

O feito de ter superado, a semana pasada, o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  en todas as estacións, agás en Ribadeo e Ortigueira, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na segunda xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:
·         Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
·         Alternar substancias con diferente modo de acción.
·         Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.
·         Respectar com rigor os prazos de seguridade.

RECOLECCIÓN:

Recolección:  Estanse a recoller as variedades Antares, Grupo Elstar e Grupo Gala.

Respecto ó ano 2018, observamos un adianto na data de maduración duns 10-12 días.

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:
·         Natureza química
o   contido en almidón (método I/IK)
o   azúcares solubles (º Brix)
·         Natureza física
o   Cor
o   Firmeza (penetrómetro)


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
  • Insecticida: Aceite de Neem, spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis.
  • Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)
Produción Integrada

  • Insecticida: Clorantraniliprol 20%, Metil-clorpirifos.
  • Funxicida: Captan, Tiram ou Metiram
GALERÍA DE IMAXES