INFORME FITOSANITARIO 15/11/2019

Recomendacións para o primeiro tratamento de inverno das maceiras.



Recomendacións:

Para dar por rematada a campaña de avisos fitosanitarios, unha vez recollidas as distintas variedades, tanto de mesa como de sidra, debemos realizar un tratamento de outono.

A caída fisiolóxica das follas produce pequenas lesións que poden ser a vía de entrada na planta de distintas enfermidades. Por iso, as aplicacións con produtos cúpricos, durante esta época, son recomendables para favorecer a súa cicatrización evitando infeccións producidas por fungos.

Ademáis, estes produtos pretenden reducir as formas invernantes de fungos e bacterias que se asentan de maneira epífita no exterior das árbores.

No caso das froiteiras de pebida (maceiras e pereiras), o tratamento pode ser eficaz para atenuar os danos que na próxima campaña pode ocasionar a bacteria causante do “fuego bacteriano”, e fungos que producen enfermidades fúnxicas como moteado, septoria...

Por todo isto, é recomendable utilizar compostos de cobre, realizando 1 ou 2 tratamentos durante a caída da folla.
  • Facer dúas aplicacións con produtos cúpricos:
    1. Co 50% das follas caídas.
    2. Co 100% das follas caídas.
  • Facer unha sóa aplicación, co 75% de defoliación.

Os compostos de cobre teñen restriccións importantes nas condicións de uso. Debe prestarse atención a:
·         Os cultivos sobre os que se pode aplicar cada formulado.
·         O período de tempo no que pode facerse.
·         Prazo de seguridade.
·         Dose.
·         Cantidade máxima de cobre que se pode empregar por hectárea e ano.

Compre respectar as indicacións da etiqueta e comprobar a folla de rexistro (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).

MATERIAS ACTIVAS CÚPRICAS AUTORIZADAS EN FROITEIRAS DE PEBIDA

MATERIA ACTIVA
CONCENTRACIÓNS (%) E FORMULACIÓNS
AUTORIZACIÓNS
Hidróxido cúprico
50WP
Froiteiras de pebida e oso.
50WG
Froiteiras de pebida.
30WG
Maceiras
20WG, 25WG, 35WG, 40 WG,
Froiteiras de pebida e oso.
Oxicloruro de cobre
25WG, 30WP, 37’5WG, 38SC, 50WG, 50WP, 52SC, 70SC.
Froiteiras de pebida e oso.
Hidróxido cúprico + Oxicloruro de cobre
(13,6+13,6) SC
Froiteiras de pebida e oso.
Óxido cuproso
50WP, 75WG
Maceiras, pereiras e froiteiras de oso.
Sulfato cuprocálcico
12’4SC, 20WG, 20WP
Froiteiras de pebida e oso.

SC: Suspensión concentrada
WG: Granulado dispersable
WP: Pó mollable