AVISO EXTRAORDINARIO POR ALERTA DE VERME DA MAZÁ

Emitimos un novo aviso fitosanitario por darse as condicións para iniciarse a primeira xeneración do verme da mazá en varias zonas de Galicia.

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

Podedes acceder ao aviso completo no seguinte enlace: 




RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

Nas estacións de monitoreo de Bergondo e Sada acadouse o día 11 de maio o estado de posta (ovicida) e calculamos que entre o día 15 e o 17, en función das temperaturas dos próximos días, teremos que dar un tratamento a base de insecticida-larvicida.

Estas estacións corresponden ás zonas xeográficas de Ferrolterra e Mariñas Coruñesas.


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Produción Integrada

Clorantraniliprol (ovicida + larvicida)

Fenoxicarb (ovicida + larvicida)

Agricultura Ecolóxica

Bacillus thuringiensis

Spinosad

Virus da granulopse da carpocapsa