Comenza a primeira xeneración do verme da mazá (C. pomonella)

INFORME FITOSANITARIO 21/05/2020

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

RECOMENDACIÓNS: 

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras de sidra en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Nas variedades nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Especial atención ás comarcas de A Estrada (Pontevedra) e Chantada (Lugo) xa que prevemos un ataque da primeira xeneración nos vindeiros días. Donde debemos aplicar un tratamento cun insecticida-larvicida.

  •  A Estrada: 23-24 de maio.
  • Chantada: 27-28 de maio.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

OBSERVACIÓNS

Dúas variables meteorolóxicas, a temperatura e a humidade, marcan de maneira moi destacada a evolución dos parásitos que afectan á fruticultura.

Nos últimos anos, están a darse temperaturas máis altas durante os meses de primavera e verán (este ano é un claro exemplo). Como consecuencia desto, prolongaron a súa actividade en varias semanas, o que provoca un aumento no número de xeneración e na intensidade dos danos.

HORAS-FRIO

As xemas, para sair do repouso necesitan unha cantidade específica de frío invernal que restaure a capacidade da xema para hincharse e medrar. Temperaturas por debaixo de 7ºC son as efectivas.

Polo tanto, a duración media de repouso dunha determinade especie denomínase “necesidades de frío”.

Este ano non acadamos a cantidade necesaria de horas-frío, polo que os síntomas que imos atopar serán: floración escalonada, perda de xemas, e polo tanto, disminución da colleita.

Este desaxuste na floración provoca dificultade na polinización e que os froitos sexan de tamaño máis pequeno.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Produción Integrada

Clorantraniliprol (ovicida + larvicida)

Fenoxicarb (ovicida + larvicida)

Agricultura Ecolóxica

Bacillus thuringiensis

Spinosad

Virus da granulopse da carpocapsa


GALERÍA DE IMAXES

Adulto de Cydia pomonedlla 

https://photos.google.com/u/2/photo/AF1QipOMEW-XxK39hSnovnA6vKGIf3MEaQFy82t_cuH1

Trampa de monitoreo

https://photos.google.com/u/2/photo/AF1QipPU5B2NwWUqhjlDn-Og0RZDdBqBb33lQydAfjk9