Aviso extraordinario por perigo de ataque do verme da mazá

AVISO FITOSANITARIO 01/06/2020
Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

Nas estacións que se indican en vermello na seguinte táboa, compre facer un tratamento a base de un insecticida-larvicida nas datas que se detallan.

Nas outras tres estacións probablemente teremos que tratar a fináis da próxima semana, pero dependerá da evolución das condicións climatolóxicas.

Taboa de inicio do voo nas estacións restantes

Estacións de
monitoreo
Comarca
afectada
Grados-día
acumulados
Data prevista
de tratamento
Sarria
Sarria
86,2
1-2 de xuño
Foz-Ortigueira-Ribadeo
Ortegal – Mariñas Luguesas
71,1
3 a 5 de xuño
Ordes
Ordes
30,6

Laracha
Bergantiños
17,5

A Pastoriza
Terra Chá – Meira
28,1


RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Virus da granulopse da carpocapsa
Spinosad
Bacillus thuringiensis
PRODUCCIÓN INTEGRADA
Clorantraniliprol
Fenoxicarb

GALERÍA DE IMAXES: Danos provocados por C. pomonella