INFORME FITOSANITARIO 04/06/2020

Novo informe fitosanitario publicado. Podedes acceder ao texto completo no seguinte enlace:


A continuación, indicamos as recomendacións incluidas no informe, así como as recomendacións dos técnicos de AFRUGAL.

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

En maceiras de sidra en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Nas variedades nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Especial atención ás comarcas de Ordes (A Coruña) e Terra Chá-Meira (Lugo) xa que prevemos un ataque da primeira xeneración na próxima semana, posto que ámbalas dúas se atopan en situación de insecticida-ovicida.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

OBSERVACIÓNS

Dúas variables meteorolóxicas, a temperatura e a humidade, marcan de maneira moi destacada a evolución dos parásitos que afectan á fruticultura.

Nos últimos anos, están a darse temperaturas máis altas durante os meses de primavera e verán (este ano é un claro exemplo). Como consecuencia desto, prolongaron a súa actividade en varias semanas, o que provoca un aumento no  número de xeneración e na intensidade dos danos.

GALERÍA DE IMAXES
Correola (P. lanceolata)

Pulgón cincento (D. plantaginea)

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

TRATAMENTOS CONTRA O VERME DA MAZÁ (C. pomonella)

Agricultura ecolóxica
Virus da granulopse da carpocapsa
Spinosad
Bacillus thuringiensis
Producción Integrada
Clorantraniliprol
Fenoxicarb

TRATAMENTOS CONTRA PULGÓNS E MOTEADO

Agricultura ecolóxica:
Insecticida: Aceite de neem (azadiractina 1%).
Funxicida de contacto: Polisulfuro de Calcio.

Produción Integrada:
Insecticida: Azadiractina 3,2% ou Flonicamid.
Funxicida sistémico: Tebuconazol ou Metil-Tiofanato.