Posible aparición dunha nova praga en Galicia: A mosca da nogueira (Rhagoletis completa).

Segundo o informe fitosanitario semanal da Consellería do Medio Rural, téñense detectado danos nos froitos da nogueira que posiblemente sexan causados pola mosca da nogueira (Rhagoletis completa).

Por este motivo, procederase á instalación de trampas de captura para verificar se se trata deste díptero.

A continuación, reproducimos o texto completo incluido no informe da Consellería, así como unhas imaxes da mosca da nogueira:

<<...
Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Levamos certo tempo observando síntomas que nos fan pensar nun ataque debido á mosca da nogueira. Por eso, imos dispoñer de trampas de feromonas para tratar de capturala nas zonas con certa relevancia no cultivo da nogueira.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e Mexico. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980...>>

Adulto de R. completa

Danos en froito de nogueira por larvas de R. completa