INFORME FITOSANITARIO 09/07/2020

Informe fitosanitario do 09/07/2020.

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

Texto completo no seguinte enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2020.html

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida preventivo de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  nas comarcas das Mariñas Coruñesas, Ortegal, Lugo, Sarria e Chantada, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Este tratamento tamén terá eficacia contra o pulgón verde (Aphis pomi).

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

OUTRAS PRAGAS

Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Levamos certo tempo observando síntomas compatibles con ataques da mosca da nogueira.

As trampas de captura foron colocadas en cinco comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e Mexico. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.

RECOMEDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio.
Insecticida-Larvicida: Virus da granulopse da carpocapsa, Spinosad ou Bacillus thuringiensis.

Producción Integrada:
Funxicidas: Captan (47,5% SC e 80% WG) ou Mancozeb (50% SC, 75% WG e 80% WP)
Insecticida-Larvicida: Clorantraniliprol ou Fenoxicarb.

GALERÍA DE IMAXES

Adulto de A. mali

Pulgón laníxero parasitado por A. mali

Colocación correcta de trampa para Z. pyrina