INFORME FITOSANITARIO 16/09/2020

Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

 

RECOMENDACIÓNS: 

Maceiras de sidra e mesa 

Os días de setembro, cada vez máis curtos, xunto coas temperaturas máis frescas do solpor, fan que as capturas da 2ª xeneración do Verme da mazá (C. pomonella) e de Broca (Z. pyrina) sexan nulas. 

Os datos das capturas de machos destas dúas bolboretas recollidos nestas dúas últimas semanas reflicten un claro descenso, polo que podemos dar por rematado o cliclo destes lepidópteros para o 2020. 

As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta debida a brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado, monilia e oidio), fai que se  recomende un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) co fin de previr enfermidades tanto em campo como em cámara. 

Pola contra, non deberemos realizar este tratamento funxicida en variedades de mazá de sidra, polo efecto negativo que tería nas levaduras e, polo tanto, na fermentación de mosto. 

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis. 

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa). 

Recoméndase:

· Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

· Alternar substancias con diferente modo de acción.

· Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

· Respectar com rigor os prazos de seguridade. 

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica:

Funxicida: Polisulfuro de Calcio.

Producción Integrada:

Funxicidas: Captan (47,5% SC e 80% WG) ou Mancozeb (50% SC, 75% WG e 80% WP)

RECOLECCIÓN: 

Recolección:  Estanse a recoller as variedades de mesa Reineta (blanca e parda), Mandy, Opal e Jonagold. 

Respecto ó ano 2019, observamos un adianto na data de maduración duns 10-12 días. 

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

·         Natureza química

o    contido en almidón (método I/IK)

o    azúcares solubles (º Brix)

·         Natureza física

o    Cor

o    Firmeza (penetrómetro)


GALERÍA DE IMAXES 

Táboa de capturas de verme da mazá (C. pomonella) Galicia 2020