INFORME FITOSANITARIO – 20 11 2020
Datos facilitados e supervisados por Francisco Otero Otero, técnico da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)
MACEIRA
Pragas e enfermidades seguidas durante o 2020:
Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)
Pulgón verde (Aphis pomi)
Pulgón lanixero (Eriosoma lanigerum)
Verme da mazá (Cydia pomonella)
Broca (Zeuzera pyrina)
“Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)
Corta-gromos (Corta brotes – Rhynchites caeruleus)
Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)
Otros gurgullos da flor: Tropinota squalida e Oxythyrea funesta
Escolítidos (Xyleborus sp.)
Amadillidium sp.
Moteado (Venturia inaequalis)
Oidium (Podosphaera leucotricha)
Monilia (Monilinia sp.)
Cancro (Nectria galligena)
“Fuego Bacteriano” (Erwinia amylovora)
Nota: Amadillidium sp.
Atopados en recolección, causando danos ao roer a epidermis do froito, depreciando e causando podredumes.
Recomendacións:
Para dar por rematada a campaña de avisos fitosanitarios, unha vez recollidas as distintas variedades, tanto de mesa como de sidra, debemos realizar un tratamento de outono.
A caída fisiolóxica das follas produce pequenas lesións que poden ser a vía de entrada na planta de distintas enfermidades. Por iso, as aplicacións con produtos cúpricos, durante esta época, son recomendables para favorecer a súa cicatrización evitando infeccións producidas por fungos.
Ademáis, estes produtos pretenden reducir as formas invernantes de fungos e bacterias que se asentan de maneira epífita no exterior das árbores.
No caso das froiteiras de pebida (maceiras e pereiras), o tratamento pode ser eficaz para atenuar os danos que na próxima campaña pode ocasionar a bacteria causante do “fuego bacteriano”, e fungos que producen enfermidades fúnxicas como moteado, septoria...
Por todo isto, é recomendable utilizar compostos de cobre, realizando 1 ou 2 tratamentos durante a caída da folla.
· Facer dúas aplicacións con produtos cúpricos:
1. Co 50% das follas caídas.
2. Co 100% das follas caídas.
· Facer unha sóa aplicación, co 75% de defoliación.
Os compostos de cobre teñen restriccións importantes nas condicións de uso. Debe prestarse atención a:
- Os cultivos sobre os que se pode aplicar cada formulado.
- O período de tempo no que pode facerse.
- Prazo de seguridade.
- Dose.
- Cantidade máxima de cobre que se pode empregar por hectárea e ano.
Compre respectar as indicacións da etiqueta e comprobar a folla de rexistro (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).
MATERIAS ACTIVAS CÚPRICAS AUTORIZADAS EN FROITEIRAS DE PEBIDA
MATERIA ACTIVA
CONCENTRACIÓNS (%) E FORMULACIÓNS
AUTORIZACIÓNS
Hidróxido cúprico
50WP
Froiteiras de pebida e oso.
50WG
Froiteiras de pebida.
30WG
Maceiras
20WG, 25WG, 35WG, 40 WG,
Froiteiras de pebida e oso.
Oxicloruro de cobre
25WG, 30WP, 37’5WG, 38SC, 50WG, 50WP, 52SC, 70SC.
Froiteiras de pebida e oso.
Hidróxido cúprico + Oxicloruro de cobre
(13,6+13,6) SC
Froiteiras de pebida e oso.
Óxido cuproso
50WP, 75WG
Maceiras, pereiras e froiteiras de oso.
Sulfato cuprocálcico
12’4SC, 20WG, 20WP
Froiteiras de pebida e oso.
SC: Suspensión concentrada
WG: Granulado dispersable
WP: Pó mollable
Galería de imaxes
Armadillidium sp. atopado en varias plantacións da provincia da Coruña.
Pragas e enfermidades seguidas durante o 2020:
Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)
Pulgón verde (Aphis pomi)
Pulgón lanixero (Eriosoma lanigerum)
Verme da mazá (Cydia pomonella)
Broca (Zeuzera pyrina)
“Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)
Corta-gromos (Corta brotes – Rhynchites caeruleus)
Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)
Otros gurgullos da flor: Tropinota squalida e Oxythyrea funesta
Escolítidos (Xyleborus sp.)
Amadillidium sp.
Moteado (Venturia inaequalis)
Oidium (Podosphaera leucotricha)
Monilia (Monilinia sp.)
Cancro (Nectria galligena)
“Fuego Bacteriano” (Erwinia amylovora)
Nota: Amadillidium sp.
Atopados en recolección, causando danos ao roer a epidermis do froito, depreciando e causando podredumes.
Recomendacións:
Para dar por rematada a campaña de avisos fitosanitarios, unha vez recollidas as distintas variedades, tanto de mesa como de sidra, debemos realizar un tratamento de outono.
A caída fisiolóxica das follas produce pequenas lesións que poden ser a vía de entrada na planta de distintas enfermidades. Por iso, as aplicacións con produtos cúpricos, durante esta época, son recomendables para favorecer a súa cicatrización evitando infeccións producidas por fungos.
Ademáis, estes produtos pretenden reducir as formas invernantes de fungos e bacterias que se asentan de maneira epífita no exterior das árbores.
No caso das froiteiras de pebida (maceiras e pereiras), o tratamento pode ser eficaz para atenuar os danos que na próxima campaña pode ocasionar a bacteria causante do “fuego bacteriano”, e fungos que producen enfermidades fúnxicas como moteado, septoria...
Por todo isto, é recomendable utilizar compostos de cobre, realizando 1 ou 2 tratamentos durante a caída da folla.
· Facer dúas aplicacións con produtos cúpricos:
1. Co 50% das follas caídas.
2. Co 100% das follas caídas.
· Facer unha sóa aplicación, co 75% de defoliación.
Os compostos de cobre teñen restriccións importantes nas condicións de uso. Debe prestarse atención a:
- Os cultivos sobre os que se pode aplicar cada formulado.
- O período de tempo no que pode facerse.
- Prazo de seguridade.
- Dose.
- Cantidade máxima de cobre que se pode empregar por hectárea e ano.
Compre respectar as indicacións da etiqueta e comprobar a folla de rexistro (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).
MATERIAS ACTIVAS CÚPRICAS AUTORIZADAS EN FROITEIRAS DE PEBIDA
MATERIA ACTIVA | CONCENTRACIÓNS (%) E FORMULACIÓNS | AUTORIZACIÓNS |
Hidróxido cúprico | 50WP | Froiteiras de pebida e oso. |
50WG | Froiteiras de pebida. | |
30WG | Maceiras | |
20WG, 25WG, 35WG, 40 WG, | Froiteiras de pebida e oso. | |
Oxicloruro de cobre | 25WG, 30WP, 37’5WG, 38SC, 50WG, 50WP, 52SC, 70SC. | Froiteiras de pebida e oso. |
Hidróxido cúprico + Oxicloruro de cobre | (13,6+13,6) SC | Froiteiras de pebida e oso. |
Óxido cuproso | 50WP, 75WG | Maceiras, pereiras e froiteiras de oso. |
Sulfato cuprocálcico | 12’4SC, 20WG, 20WP | Froiteiras de pebida e oso. |