INFORME FITOSANITARIO 19/04/2021

Novo informe fitosanitario publicado. Como sempre, podedes velo completo "pinchando" no enlace: https://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html

 Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

RECOMENDACIÓNS:
 
Maceiras de sidra e mesa
 
En maceiras de sidra que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse.
 
En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento e o pulgón verde.
 
En maceiras en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.
 
Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
Funxicida: Polisulfuro de Calcio
Insecticida: Aceite de Neem

Produción Integrada
Funxicida: Captan ou Mancozeb
Insecticida: Azadiractina (3,2%) ou Flonicamid
 
CONFUSIÓN SEXUAL E MONITOREO EN CYDIA POMONELLA
 
Debemos de proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga, xa que se debe de colocar ao inicio do vóo para que sexa eficaz.
 
Este método de loita consiste en dispoñer de numerosos difusores de feromonas distribuidos pola plantación. A feromona é a substancia química que emiten as femias para atraer aos machos. Ao poñer moitos puntos de emisión desta feromona, interfírese a comunicación entre machos e femias dificultando o encontro e, en consecuencia, os ovos non son fecundados.
 
A Consellería do Medio Rural dispón dunha finca piloto en Aranga para o seguemento da efectividade desde método.
 
Esta semana serán colocadas as trampas de seguemento do voo de C. pomonella nas distintas estacións de monitoreo.
 
OBSERVACIÓNS
 
HORAS-FRIO
 
As xemas, para sair do repouso necesitan unha cantidade específica de frío invernal que restaure a capacidade da xema para hincharse e medrar. Temperaturas por debaixo de 7ºC son as efectivas.
 
Polo tanto, a duración media de repouso dunha determinade especie denomínase “necesidades de frío”.
 
Este ano acadamos e casi todas as estacións a cantidade necesaria de horas-frío, agás algunhas zonas como as Mariñas Coruñesas (próximas ao mar), polo que os síntomas que imos atopar serán: floración escalonada, perda de xemas, e polo tanto disminución da colleita.
 
Este desaxuste na floración provoca dificultade na polinización e que os froitos sexan de tamaño máis pequeño.
 
Estamos a notar un adianto na floración de entre 10 e 15 días respecto de anos anteriores.
 
GALERÍA DE IMAXES
 
Estados fenolóxicos da maceira según Fleckinger