INICIO DO VOO DE ADULTOS DO VERME DA MAZÁ (Cydia pomonella)

 AVISO FITOSANITARIO – 10 05 2021

 Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)
 
MACEIRA

INCIDENCIAS FITOPATOLÓXICAS MÁIS DESTACADAS:
 
PRAGAS:
 
Verme da mazá (Cydia pomonella)
 
Este lepidóptero ataca fundamentalmente aos froitos da maceira, pereira e marmeleiro. Ocasionalmente pode atacar tamén os froitos da nogueira, castiñeiro, albaricoqueiro e ameixeira.
 
A utilización de atraintes sexuais para o seguimento do voo de adultos, a aplicación do concepto de “umbral de tolerancia”, e a confusión sexual, consigue manter a praga a niveis de danos económicamente aceptables, alterando mínimamente o equilibrio ecolóxico.
 
SINTOMATOLOXÍA
 
Maniféstase sobre os froitos. A larva entra neles e inicia a súa alimentación, expulsando os excrementos ao exterior e formando o característico serrín roxizo.
 
Xeralmente completa o seu ciclo larvario nun so froito, ainda que na primeira xeneración pode afectar a máis de un polo pequeno tamaño dos mesmos.
 
Os froitos atacados polas larvas xeralmente caen ao chan e os que permanecen na árbore non son válidos para a comercialización.
 
BIOLOXÍA
 
Pasa o inverno en forma de larva desenrolada (L5), nas fendas da árbore e tamén no chan, dentro dun casulo brancuzco. Nese refuxio hibernante permanece en diapausia ate finais do inverno.
 
A primeiros de abril comenza a súa crisalidación que dura un mes, segundo as condicións climáticas. A evolución dos machos comenza antes que as femias, ainda que finalmente se equilibra a proporción. A vida media das femias é de 10 a 20 días e a dos machos de 8 a 15 días.
 
O voo da bolboreta é crepuscular. As condicións de acoplamento danse ao atardecer con temperaturas superiores a 15 ºC e humidade relativa >60%.
 
O desenrolo embrionario completo, en condicións normais, dura entre 8 e 12 días, necesitando 48 horas para atopar o froito. Prefire entrar no froito pola zona de contacto entre dous deles, ou pola zona calicina. Permanece 30 días alimentándose na zona carpelar das tenras sementes. Pasado ese mes, sae para buscar un lugar axeitado onde crisalidar.
 
Os umbrais nas capturas en trampas sexuais de monitoreo son, na primeira xeneración, de 2-3 capturas x trampa/semana.
 
Superados os umbrais establecidos, débese actuar axeitadamente contra a primeira xeneración, o que disminuirá notablemente a segunda.
 
Este insecto, ten soamente dous estados do seu ciclo de desenrolo onde pode ser vulnerable á acción dos tratamentos químicos: En fase de ovo e de verme recén nacido (antres de entrar no froito).
 
SITUACIÓN ACTUAL EN GALICIA
 
Lembrar que para que se produzca o primeiro voo anual dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática.
 
Dende o 1 de xaneiro até o día 9 de maio, acadáronse os seguintes grados/día nas diferentes estacións meteorolóxicas representativas para a fruticultura galega:
 

Zona

Estación

Grados/día actual

Data 400 grados/día

Mariñas Coruñesas

Mabegondo

> 400

12 - abril

Mariñas Coruñesas

Guísamo

> 400

8 - abril

Barbanza

Boiro (Cespón)

> 400

31 - marzo

Mariña Luguesa

Lourenzá

> 400

20 - abril

Lugo Centro

Portomarín

350,5

 

Lugo Sur

Sarria

392,3

 

A Estrada

Vedra

> 400

7 – abril

Ourense

Verín

> 400

18 - abril

 
Acadamos os 400 grados/día en todas as estacións, agás nas comarcas de Lugo Centro e Sur. As outras condicións para a aplicación dos tratamentos é a existencia de dúas capturas de adultos/trampa x semana, comenzando a contar grados/día cando a temperatura crepuscular (temperatura do ocaso + 2 horas) sexa maior a 15’5 ºC durante dous días seguidos.
 
Os dous días consecutivos cunha temperatura crepuscular superior a 15,5 ºC foron acadados únicamente na estación de monitoreo de Guísamo (Mariñas Coruñesas).
 
As trampas de monitoreo foron colocadas na semana 16 (do 19 a 23 de abril).
 
As primeiras dúas capturas, tiveron lugar ao longo desta semana nalgunhas das estacións que se detallan na seguinte táboa.
 
Táboa de capturas
 

Zona

Estación monitoreo

Capturas semanáis

28/04/2021

Capturas semanáis

05/05/2021

Mariñas Coruñesas

Abegondo

0

2

Mariñas Coruñesas

Aranga

0

2

Mariñas Coruñesas

Bergondo

3

1

Mariñas Coruñesas

Sada

2

1

Bergantiños

Laracha

0

0

Barbanza

Boiro

3

0

Ortegal

Ortigueira

0

0

Mariñas Luguesas

Foz

0

Mariñas Luguesas

Ribadeo

0

Mariñas Lugesas

O Valadouro

2

2

Lugo Centro

Guntín

Lugo Sur

Chantada

0

0

Lugo Sur

Sarria

Ourense

Verín

A Estrada

A Estrada

1

1

 
Táboa: Histórico de condicións para tratamentos da 1ª xeración de C. pomonella (datas)
 

ANO

400 grados/día

1ª captura (2)

Tª Crepuscular

Ovicida

Larvicida

2012

9/5

17/5

24/5

2/6

6/6

2013

5/5

10/6

12/6

26/6

30/6

2014

11/4

24/4

5/5

17/5

30/5

2015

23/4

30/4

11/5

23/5

28/5

2016

4/5

20/5

25/5

4/6

8/6

2017

7/4

4/5

4/5

15/5

20/5

2018

13/5

17/5

19/5

31/5

6/6

2019

13/4

13/5

17/5

27/5

31/5

2020

7/4

29/4

1/5

11/5

16/5

2021

08/4

28/4

7/5

¿?

¿?

 
Debemos destacar a importancia do clima no desenvolvemento das pragas.
 
RECOMENDACIÓNS:
 
Maceiras de sidra e mesa
 
Nas estacións de monitoreo de Bergondo e Sada, en función das temperaturas dos próximos días, teremos que dar un tratamento insecticida (ovicida-larvicida).
 
Estas estacións corresponden às zonas xeográficas de Ferrolterra e Mariñas Coruñesas.
 
OBSERVACIÓNS
 
·       Estase a ver un adianto xeralizado no voo deste lepidóptero nos últimos anos. Estamos tendo capturas a fináis do mes de abril na maioría das zonas de Galicia.
·       Importante, atender á primeira xeneración deste insecto, por ser a máis perigosa das dúas que ten. Debemos de empregar contra ella produtos de carácter ovicida ou ovicida-larvicida.
·       A confusión sexual está a dar bo resultado, como método preventivo.
·       O nacemento das primeiras larvas comunicarase mediante o correspondente aviso fitosanitario.
 
 GALERÍA DE IMAXES