Informe fitosanitario 26/05/2021

Primeiros tratamentos recomendados para o verme da mazá (Cydia pomonella).

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural.


Podedes acceder ao informe completo no seguinte enlace:

 http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html


RECOMENDACIÓNS: 

Maceiras de sidra e mesa 

Nas variedades nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento. 

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis. 

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa). 

Especial atención ás comarcas de As Mariñas Coruñesas (A Coruña) e Barbanza (A Coruña) xa que prevemos un ataque da primeira xeneración nos vindeiros días. Donde debemos aplicar un tratamento cun insecticida ovicida-larvicida. 

  • As Mariñas Coruñesas: 1ª semana de xuño.
  • Barbanza: 1ª semana de xuño.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia. 

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
Funxicida: Polisulfuro de Calcio
Insecticida: Aceite de Neem
Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada
Funxicida: Tebuconazol
Insecticida: Azadiractina (3,2%) ou Flonicamid.
Larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.


GALERÍA DE IMAXES

 

Adulto de Cydia pomonella


Trampa de monitoreo