INFORME FITOSANITARIO 30/08/2021

INFORME FITOSANITARIO 30/08/2021

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

RECOMENDACIÓNS:

 Maceiras de sidra e mesa

 As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta debido às chuvias, xunto con brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado, monilia e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

O feito de ter superado o umbral de tolerancia, 1-2 capturas trampa/semana do verme da mazá (C. pomonella),  nas estacións de monitoreo de A Mariña Luguesa (provincia de Lugo), As Mariñas da Coruña e Ortegal (provincia da Coruña) e A Estrada (Pontevedra), fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta praga que está comenzando a segunda e última xeneración.

 Este tratamento tamén terá eficacia contra a larva da Broca, sobre todo nas comarcas de Guntín (Lugo) e A Estrada (Pontevedra).

 Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

 Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

 É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

 Recoméndase:

·         Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

·         Alternar substancias con diferente modo de acción.

·         Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

·         Respectar com rigor os prazos de seguridade.

RECOMENACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL 

 Agricultura Ecolóxica

Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Funxicida de contacto: Polisulfuro de calcio.

Produción Integrada

Ovo-larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.

Funxicida de contacto: Captan.


Recolección:  Estanse a recoller as variedades de mesa Antares, Grupo Gala e Grupo Elstar.

 Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

·          Natureza química

o   contido en almidón (método I/IK)

o   azúcares solubles (º Brix)

·          Natureza física

o   Cor

o   Firmeza (penetrómetro)

 GALERÍA DE IMAXES

 

Pulgón laníxero parasitado (momias)


 Larvas e danos de Rhagoletis completa en noces (Agosto-Bergondo)