INFORME FITOSANITARIO 29/07/2021

Novo informe fitosanitario publicado.

Podedes acceder ao informe completo a través do seguinte enlace:

http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html


INFORME FITOSANITARIO 29/07/2021 

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)


RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  nas zonas das Mariñas Coruñesas, Barbanza, Bergantiños e Sarria, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida ovo-larvicida para esta praga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

Este tratamento tamén terá eficacia contra a larva da Broca, sobre todo nas comarcas de Sarria e Guntín (Lugo) e Ortegal (A Coruña).

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:

Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

Alternar substancias con diferente modo de acción.

Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

Respectar com rigor os prazos de seguridade.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS D AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica

Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada

Ovo-larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.

RECOLECCIÓN: 

Estanse a recoller as variedades de mesa Ambassy e Lafayette.

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

Natureza química
    - contido en almidón (método I/IK)
    - azúcares solubles (º Brix)
Natureza física
    - Cor
    - Firmeza (penetrómetro)

OUTRAS PRAGAS

Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

As trampas de captura foron colocadas o día 25 de xuño en catro comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e México. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.

No ano 2020, confírmase a súa presencia en Galicia, segundo o informe emitido polo LAFIGA, tra-las analíticas realizadas no mes de xullo.

Desde a semana pasada, están a capturarse moscas da nogueira nas trampas de Bergondo, Carral e Sada (A Coruña), así como en Guntín (Lugo).

Detectamos un aumento significativo de capturas en trampas con cebo alimenticio fronte ás trampas sin cebo.

Trataremos de seguir a evolución das súas capturas, así como os seus métodos de loita ata o final do seu ciclo.

Os tratamentos contra esta praga pódense facer de dúas meneiras:

TIPO CEBO: Un insecticida xunto con proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Debe facerse ao inicio do voo e manterse ate a recolección.

TRATAMENTOS XENERALIZADOS A TODA A ÁRBORE: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida.

Recomendamos traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) de esta mosca.

GALERÍA DE IMAXES

Adulto de Broca (Z. pyrina)


Larva de Broca (Z. pyrina)